Hoxe 25 de novembro, coincidindo co Dia contra a Volencia de Xénero, constituíuse a primeira Mesa Local de Coordinación Institucional Contra a Violencia de Xénero.
Presidida polo alcalde, forman parte dela representantes do CPI Castro Baxoi, CEIP de Bemantes, Garda Civil, Policía Local, asociacións e colectivos de mulleres, Servizos Sociais municipais e concellerías relacionadas co tema.
A Mesa reunirase de forma ordinaria nos meses de novembro e marzo, e de forma extraordinaria a proposta dos integrantes.