O DOG núm. 13 do xoves, 19 de xaneiro de 2017 publica a Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes ocupacións: Prazo ata o 18 de febreiro de 2017: – Atención sociosanitaria a persoas no domicilio – Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais – Servizos para o control de pragas – Socorrismo en espazos acuáticos naturais - Socorrismo en instalacións acuáticas - Extinción de incendios e salvamento - Tanatopraxia |
Prazo do 1 ao 31 de marzo de 2017: – Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural Para máis información ou realizar os trámites de solicitude: Coa axente de emprego e desenvolvemento local (Local Social de Rabazal) |