IMPORTANTE
Debido á necesidade de realizar a conexión da nova tubaxe de subministro de auga, o vindeiro mércores día 20 haberá un corte no suministro a partir das 9:00 horas, afectando a Sombreu, Ponte do Porco e casco urbano.
Neste último poderá haber auga pero con pouca presión en zonas con cota inferior ás rúas Raxel, Carreira e Barrosa.
A duración estimada do corte é de 15 horas, aínda que segundo vaia sendo posible iranse abrindo as chaves de paso de diferentes áreas para restablecer o servizo.
Rogamos desculpen as molestias.