02 de mar de 2021

O SERGAS FARÁ UN CRIBADO COVID EN MIÑO

Xeral

A área Sanitaria da Coruña e Cee continúa realizando unha “intensa actividade” de procura de casos positivos de Covid-19.
Desde mañá mércores día 3 de marzo ata o sábado 6 de marzo, terá lugar no municipio de Miño, un cribado poboacional mediante test PCR aos veciños de entre 18 e 65 anos.
O lugar elixido é o Centro de Saúde.
Todos os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida (3.000 aprox.), serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles, para acudir en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas, a excepción do sábado día 6, no que o cribado realizarase en horario de mañá, entre as 09:00 e as 14:00 horas.

Anterior Seguinte