A partir do 25 de Novembro e da man da escola de tempo libre Quercus, terá lugar a segunda edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, homologado pola DXX @xuventudegalicia.
Unha boa oportunidade para alcanzar este título para tempada de verán, xa que na primeira edición realizada hai dous anos, 12 mozos do concello e arredores alcanzaron o seu título e tiveron a oportunidade de traballar na súa contorna próxima desde entón.
O curso ten dúas fases: unha primeira teórica de 200h e outra práctica en empresas e institucións do sector de 150h.
O prazo de inscrición finaliza o 22 de Novembro.
Mais info no cartel ou no teléfono 627459382.