31 de ago de 2018

O Concello de Miño insta á Deputación a que limpe as vías de súa titularidade de inmediato

Xeral

 O Goberno local de Miño insta á Deputación provincial a que cumpra co mantemento e a limpeza das vías da súa titularidade ao seu paso polo municipio. O alcalde de Miño, o independente Ricardo Sánchez, lamentou esta mañá a deixadez nas súas funcións por parte do ente provincial. Aínda que a limpeza xeral é moi deficiente, a situación é espacialmete grave na Estrada da Costa, a CP-4803, ao seu paso pola parroquia de Perbes e na CP-4802, ao seu paso por San Xoan, onde a maleza brota das beirarrúas superando o medio metro de altura.

O Concello de Miño está recibindo queixas de forma regular desde comezos do verán por parte de numerosos veciños e veciñas do municipio. Tras requirir á Deputación para que proceda á limpeza a través de diferentes vías de comunicación en reiteradas ocasións desde o pasado mes de xuño, case tres meses despois dos primeiros contactos, as estradas seguen sen limparse e os requerimentos son ignorados un detras do outro.

«Estamos recibindo continuas queixas polo estado da maleza tanto na estrada da costa, CP 4803, como na CP 4802. É inadmisble o estado no que se atopan estas vías. Denunciamos o abandono por parte da Diputación», sinalou o rexedor. «Parécenos especialmente sangrante si comparamos como se encontran as mesmas estradas da Diputación ao seu paso por municipios veciños como o de Pontedeume no que se observe a primeira ollada a gran diferenza. Si aquí non limpan desde o mes de abril, alí fixérono polo menos un par de veces máis desde entón. Non entedemos o por que. Somos vítimas dunha marxinación total», concluíu o rexedor.

Existen tramos en ambas vías onde a falta de limpeza impide o paso de persoas polas beirarrúas de forma continuada e impide o tránsito con carritos de bebés ou para aparellos de persoas con discapacidades físicas. «Para algúns veciños trasladarse por estas beirarrúas é imponsible. É unha auténtica vergoña. Non nos imos a quedar de brazos cruzados. Tomaremos as medidas necesarias», concluíu Sánchez.

Anterior Seguinte