O Concello de Miño aprobou en pleno a adhesión da administración local ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.Co obxectivo de facilitar o cumprimento da lei de retirada de biomasa.
Os obxectivos deste convenio son:
-A definición das franxas secundarias de terreos que rodean os núcleos habitados de todo o municipio.
-A limpeza de 10 km de vías de titularidade municipal e de ata 10 hectáreas de terreos de propietarios privados que non atenderan os requirimentos de xestión de biomasa.