09 de mar de 2023

EXPEDICIÓN DE CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS EN MIÑO

Novas Tecnoloxías e Sociedade Dixital

Novas Tecnoloxías Sociedade Dixital

 

A Delegación do Goberno organiza en Miño unha xornada de achegamento da Administración electrónica, o mércores 15 no centro social da Rúa, ás 11:30.

A xornada consiste nunha charla sobre a  Administración electrónica, servizos electrónicos das diferentes Administracións, e sobre a emisión e utilización de certificados dixitais e a emitir certificados electrónicos da FNMT trasladando para iso o noso rexistro ao voso concello.

Ademais explicaranse os servizos dixitais e electrónicos do SEPE.

Para a emisión e renovación de certificados dixitais é importante que os asistentes leven o seu DNI así como que teñan email e que poidan consultalo in situ no tf. móbil para facilitar o código de emisión do certificado.

O certificado emitido entrégase por email e nun pendrive que se dá sen custo para o usuario

 

Anterior Seguinte