Un ano máis Miño será unha das sedes do Festival de Entes Animados, xunto con Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño e a asociación de veciños de Canido.
O domingo 22 ás 12 h poderase gozar do espectáculo Alguma Coisa, a cargo de Fabio Superbi. O acto será no parque da Rúa ou, en caso de choiva, no auditorio do Centro Social.
O programa completo pode descargarse no adxunto a esta publicación.