17 de abr de 2023

GALICIA SABE A MAR LLEGA A MIÑO

Emprego, Turismo, Deporte, Promoción Económica e Tecido Asociativo

Emprego Turismo Deporte Promoción Económica Tecido Asociativo

O mércores 19 estará en Miño a campaña de promoción da gastronomía galega Galicia Sabe A Mar, que promove o consumo e a venda de peixe e marisco e pon en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen á subministración de alimentos de calidade á cidadanía.

Galicia Sabe A Mar percorrerá 200 localidades situadas en diferentes tramos do Camiño de Santiago, dando a coñecer a variedade da oferta e importancias dos produtos do mar na nosa gastronomía.

Os food trucks situaranse á beira da oficina de Turismo municipal, e quen o desexe poderá degustar diversas receitas de peixe e marisco en horario de 12 a 15 e de 16:30 a 19:30 horas.

Anterior Seguinte