Informamos de que a día de hoxe hai presenza de pellets nas praias de Perbes e Miño, aínda que de momento en pequena cantidade.
O concello carece de información avalada por expertos e autoridades sobre protocolo de recollida e tratamento dos pellets nas praias, e por iso non inicia nin alenta a recollida, tampouco por parte de persoas voluntarias.
Como non se pode prohibir a recollida e ante a realidade de que o mesmo luns había algún grupo de xente recollendo pellets, o concello instalou contenedores para depositar exclusivamente estes residuos e evitar que se mezclen con outros, dificultando o correcto tratamento dos pellets (cando se coñeza como, cando e onde).
En todo caso, continúa a vixilancia das nosas costas.