O vindeiro sábado 28 de setembro teremos unha masterclass gratuíta no circuíto de pump track da Galea, onde especialistas ensinarán a usuarias/os de todas as idades como gozar máis e mellor desta instalación deportiva.
Será a partir das 11 da mañá e non se precisa inscrición.