Nos últimos días do pasado ano leváronse a cabo melloras do peche perimetral do Punto Limpo de Gallamonde, subvencionadas polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
O importe total finaciado é de 41.191, 30 € (e constitúe o 90% do custe total das melloras), e repártese en catro anualidades (24.516,97 € en 2022, 6.772,41 € en 2023, 7.893,28 € en 2024 e 2.408,63 € en 2025)