01 de abr de 2024

MELLORA PAISAXÍSTICA E AMBIENTAL NA PRAIA DE MARÍN

Medio Ambiente, Zonas Verdes, Praias e Servizos

Medio Ambiente Zonas Verdes Praias Servizos

O proxecto para a Mellora paisaxística da contorna de praia de Marín: Recuperación ambiental e acondicionamento dos accesos recibiu unha axuda da Axencia de Turismo de Galicia dentro do procedemento de Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

 A subvención é do 90% do orzamento (103.600,00 €), é dicir uns 80.000 €, e a intervención consiste na eliminación de especies alóctonas e/ou invasoras, a instalación de tarimas de madeira para a mellora paisaxística e o acondicionamento dos accesos coa delimitación da zona de tránsito e a súa estabilización.

As obras están xa a piques de rematar, para que cando chegue o bo tempo se poida gozar da praia e deste novo espazo de lecer que se crea.

 

Anterior Seguinte