27 de nov de 2015

MEMORIA DO TRABALLO DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE MIÑO DESDE XUÑO ATA NOVEMBRO

Xeral

MEMORIA DO TRABALLO DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE MIÑO DENDE XUÑO ATA NOVEMBRO
 

Dende o mes de xuño ata a actualidade (novembro), durante estes seis meses, o departamento de servizos sociais realizou proxectos sociais específicos, estudo de subvencións, coordinación con entidades do Concello: C.P.I. Castro Baxoi, ANPA centro escolar, centro de saúde, entidades deportivas; novas xestións relativas ao programa municipal de alimento, coordinación coa escola infantil, etc. Doutra banda, tentouse paliar a falta de persoal no programa de educación familiar, actuando de contención ante casos detectados.


Procédese á enumeración e detalle dos proxectos ou servizos realizados:

 

PLAN MUNICIPAL DE ALIMENTOS:

Seguindo directrices da Alcaldía, duplícase durante o verán a repartición de alimentos ás familias máis vulnerables (realizándose cada 15 días) e triplícase a cantidade de alimentos efectivamente repartidos, debido aos contactos coas empresas da contorna, á colaboración de entidades do concello, etc. A partir de outubro vólvese á repartición mensual orixinal, pero mantéñense as cantidades duplicadas como mínimo.


O número de familias usuarias do programa no momento de inicio do contrato era de 22, a data actual hai un número de usuarios/as de 37, o que supón un incremento dun 68 % de familias atendidas.


VALES DE ALIMENTOS:


Prepáranse as bases para unha nova convocatoria e iníciase de novo a entrega de vales de alimentos.


Ademais, acórdase con GADISA a entrega de 300 euros en vales por parte desta entidade para a compra de produtos de primeira necesidade, coa que se cobren lotes de produtos de hixiene persoal e limpeza.


PROXECTO “VERÁN PARA TODOS


Realízase un novo proxecto de carácter integral e transversal para dar apoio ás familias durante o período estival en tres sentidos:


- Cobertura da comida dos menores nos meses de xullo e agosto.
- Inclusión dos menores en actividades de lecer da contorna, para o que se asinou un convenio co Club Náutico de Miño.
- Ampliación da repartición de alimentos, que pasou a ser quincenal.
- Xestión inmediata de vales de alimentos.


BOLSAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Redáctanse unhas novas bases para convocatoria do curso 2015/2016, fanse compatibles e complementarias coas que as familias poidan recibir por parte da Xunta, co obxectivo de favorecer unha cobertura total do gasto de escolarización dos menores en ensinos obrigatorios e un acceso en igualdade ao dereito á educación.


Duplícase o número de solicitudes presentadas con respecto ao ano anterior.


AEM

Iníciase un período de dinamización das axudas de emerxencia municipal, xa que existe unha partida orzamentaria para iso e co obxectivo de apoiar ás familias de Miño que se atopen en situacións vulnerables e cumpran cos requisitos establecidos.
A referencia no tempo das axudas de emerxencia municipal concedidas é de 3 axudas no ano 2014, e de xaneiro a abril de 2015 concedésense 3 máis.


Neste período concedéronse 11 axudas de emerxencia sociais.


RISGAS – AIS XUNTA (Axudas Inclusión Social Xunta)

As RISGAS en vigor a inicios de xuño eran 3. Nestes meses existe un importante incremento na demanda e tramítanse 6 novas RISGAS, así como 2 AIS Xunta.


CITAS ATENDIDAS:

Constátase un importante incremento na demanda da veciñanza aos SS.SS., aumentando mes a mes.


En canto ao resto de trámites realizados a nivel cuantitativo foi o seguinte:


- CARTÓNS DE ESTACIONAMENTO: Tramitáronse 5
- PHC: Tramitadas 2
- TÍTULOS FAMILIA NUMEROSA
- TRAMITACIÓNS DEPENDENCIA: 21 (das que 12 foron solicitudes iniciais)
Resposta a requirimentos de dependencia: 6
- SAD: Déronse 5 altas novas en dependencia. En básico 4 altas novas e 3 baixas.
- RECOÑECEMENTO DE DISCAPACIDADE: Tramitadas 19 solicitudes.
- EXENCIÓNS IVTM: 4
- PNC: 4
- Así como outras prestacións individuais non xenéricas.


 Memoria Servicios Sociales Junio-Noviembre 2015

Adxuntos

Anterior Seguinte