16 de xan de 2019

Min?o lamenta que o Goberno marxine a lin?a ferroviaria entre Ferrol e A Corun?a

Xeral


tren-1



• O Goberno local considera que os Orzamentos xerais do Estado marxinan a
comarca e non cumpren coas demandas sociais necesarias para minimizar a
desigualdade social xurdida durante a crise económica





Miño, 16 de xaneiro de 2019-. O Goberno local considera que o proxecto dos
presupostos xerais do Estado presentados polo Goberno socialista de Pedro Sánchez
esquecésese premeditadamente de Galicia e dos seus habitantes para investir noutras
comunidades seguindo unicamente criterios de poder e non atendendo de forma
obxectiva as necesidades dos territorios. O Concello de Miño lamenta a parálise a que o
Goberno do Estado somete ao nosa contorna por mor da conxelación de investimentos
prevista no documento.





De forma particular, no que afecta aos veciños e veciñas de Miño, o Goberno do Estado
está lonxe de cumprir as promesas anunciadas en materia social. Segundo o Goberno
local de Miño a proposta socialista non axudará a reverter a desigualdade social forxada
ao longo dos anos da crise, xa que as iniciativas anunciadas son a todas luces
insuficientes.





En materia de infraestruturas, sen entrar a valorar a ausencia total de investimentos
para as infraestruturas de carácter estratéxico para todos os galegos e galegas, o
Concello de Miño lamenta que o goberno socialista marxine a liña ferroviaria que
comunica Ferrol e A Coruña e que transita por Miño. A ausencia de investimentos no noso
tren unha clara declaración de intencións: queren deixalo morrer. En opinión do Concello
de Miño esta infraestrutura e vital para dotar a Miño dun transporte público de calidade
que permita aos seus veciños e veciñas trasladarse a outros puntos das areas
metropolitanas de Ferrol e A Coruña para poder desenvolver a súa actividade profesional
ou estudantil. O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, anunciou esta mañá que incluirá a
situación do tren na orde do día da reunión que tendrá ao longo dos próximos datas co
delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.


Anterior Seguinte