20 de nov de 2018

Miño celebra o sábado un acto co que se concienciará sobre a lacra da violencia machista

Xeral

viogen

O Concello presenta no auditorio da Rúa o espectáculo Golpes, dirixido por Xosé Leis e protagonizado por Estíbaliz Veiga

O Concello de Miño organiza  o próximo sábado 24 ás 19 horas un acto para conmemorar o  día conta a violencia de xénero. Estíbaliz Veiga realiza una representación, dirixida Xosé Leis, coa que o Goberno local pretende concienciar sobre esta lacra social.

Nun mundo onde as mulleres son golpeadas continuamente pola presión social. A  compañía aAntena saca o mellor do talento de Estíbaliz Veiga para poñer en escena un relato cru , mais directo polo cotiá das accións de como unha moza vai  cedendo ata irse atopando fóra da súa personalidade. Un xeito directo fuxindo do tráxico para nos amosar como nas accións máis cotiás  nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista. A entrada a este acto, que pretende dar visibilidade a lacra da violencia machista desde unha óptica cultural, será de balde. A iniciativa busca que o espectador identifique todos e cada un dos índices sociais  presentados na súa vida “de todos os días” . Vexa canto traballo hai por facer  para vivir nun mundo igualitario, como hai un golpe continúo contra do latexo  social.
Anterior Seguinte