Miño, 27 de xuño de 2018-. O Concello de Miño clausurou esta mañá o Obradoiro de emprego que durante os últimos nove meses proporcionou ocupación para 26 persoas. No acto estiveron presentes os alcaldes de Miño e Pontedeume, así como unha representante do Concello de Paderne. A iniciativa céntrouse na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais, un tipo de servizo que se adapta de forma perfecta á realidade social miñense e que sen dúbida xerará oportunidades de traballo e contribuirá a fortalecer o tecido empresarial local a medio e longo prazo. O taller supuxo un investimento total de 280.000 euros, un importante considerable que o Goberno local logrou a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria que no acto de clausura estivo representada polo Xefe territorial, Isidoro Martinez Arca, quen estivo acompañado polo Delegado territorial da Xunta, Ovideo Rodeiro. A iniciativa posibilitou avanzar en tres das liñas fundamentais de traballo marcadas pola Alcaldía de Miño en materia social: combater en desemprego, dinamizar a nosa comunidade e xerar recursos para mellorar a atención as persoas maiores.
O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, mostrouse esta mañá satisfeito polo resultado obtido durante o transcurso deste obradoiro. «Estamos realmente contentos co funcionamento deste obradoiro. Creemos que se cumpriron cos obxetivos definidos noso Goberno como polos outros municipios participantes», sinalou. No aspecto meramente técnico o obradoiro foi calificado como un rotundo éxito. «De feito sabemos que algúns dos participantes saen con traballo deste proceso formativo, algo que sen dubida é unha excelente nova para nós», sinalou o rexedor. «A maior demostración de que a proposta que fixemos o Goberno autonómico foi sen dubida a acertada e que o total dos participantes nesta iniciativa concluíron o obradoiro», concluíu.
comparte este artigo, escolle a túa plataforma