O Concello de Miño consigueu os 12.579.002 euros do fondo de impulso económico, precisos para facer frente ao principal da débeda que ten que aboar os expropiados como responsable subsidiario da mesma.
Para o Concello e de vital importancia o feito de que se poida pagar unha parte importante dos 21 millons de euros que se deben aboar os expropiados, xa que isto vai permitir o Concello estar moralmente habilitado a negociar unha quita nos xuros debedados, que suman a frioleira de 8 millons de euros, co aforro que isto pode supoñer par as arcas municipais.
Si a isto lle sumamos a sentenza do Tribunal Supremo de fai un par de semanas, que permite ter vixente novamente o expediente de expropiación, pódese afirmar que en estos meses se teñen dado pasos moi importantes e concretos para evitar a posible intervención da institución ou o embargo das suas contas.
Nembargantes, hai que seguir a traballar para chegar a unha solución. Ainda fica por sortear un último atranco para poder sentarse a negociar cos expropiados e acordar unha saida viable para todos. Isto consiste en obter do Goberno de España unha ampliación no prazo de devolución do diñeiro debido a dificultade que supón aboar esta cantidade no plazo de tempo que se ten concedido.
E preciso alongar o prazo de devolución da débeda para que o Concello non perda mais capacidade de xestión na súa actividade diaria. O Concello ten que ser quen de mellorar os maltreitos servizos ó tempo que se aboan as débedas. O rexidor sinala que os veciños de Miño teñen dereito a iso e sosten que non vai someter ao concello a un axuste neoliberal por ter que asumir esta débeda.
Foi por isto que esta tarde o alcalde, Ricardo Sánchez Oroza, logo de ter intentado en varias ocasións reunirse coa oposición, se citou co voceiro do PP de Miño, Jesús Veiga Sabín, namentres que o do PSOE de Miño, Manuel Vázquez Faraldo rechazou a invitación . O obxetivo da cita foi informar de esta novidade e solicitar o apoio dos grupos políticos presentes no Pleno Municipal, en coherencia co que se ven sostendo dende fai cinco meses, e dicir, poñer fora da axenda política este transcendente tema, e tamén para solicitar o seu apoio os efectos de conseguir as reunións precisas na Xunta de Galicia, Diputación e Goberno de España que den a posibilidade de obter unha ampliación do prazo de devolución a 25 anos, como mínimo.
Como resultado de esta reunión e ante a negativa do grupo socialista a colaborar nestas xestións, dende o Concello querese comunicar os veciños de Miño o que parece unha actitude altamente irresponsable. Os que son responsables por omisión, de atoparse na situación na que está na actualidade o Concello, volven a dar as costas o problema e tratan de cargar sobor dos hombreiros de todo os veciños o esforzo de pagar esta débeda da peor maneira posible.
Este tema soamente se vai solventar dunha maneira aceptable co esforzo e a colaboración de todos, pero sobor de todo, dos que hoxe teñen responsabilidades políticas. O PSOE de Miño que se ten negado a elo, pola súa falla de capacidade de negociación e por antepoñer os intereses persoais e de partido será entón o responsable de non alcanzar un acordo cos expropiados, o bastante ventaxoso para as arcas do Concello. Solucionar os problemas de Miño na procura do ben común seguirá a ser a principal preocupación do Alcalde.
Pola súa banda, Ricardo Sánchez calificou a situación de "irresponsable e de estar movidos polos intereses persoais e non os dos veciños". Ademais , o rexedor declarou que "nosn se vai someter a ningunha chantaxe do grupo socialista, o cal, parece non querer solventar o problema a través da vía administrativa e prefire seguir deixando na vía xudicial, movidos tal vez, por outro tipo de intereses que nada teñen que ver cos intereses do resto dos veciños" e dado que se ten aberto unha porta para solucionar o problema que asola a Miño fai fincapé "en que non vai deixar pasar a oportunidade.