a
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño conta desde onte cunha nova embarcación pneumática de salvamento e rescate grazas a unha doazón feita pola Xunta.
O vicepresidente do ente autonómico, Alfonso Rueda, xunto co delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, fixeron a entrega do material de salvamento aos responsables do grupo de emerxencias acompañados por Jesús Veiga Sabín. Un acto que se desenvolveu en Porto do Son e que permitirá unha maior eficacia nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias, matizou Rueda.
En total, foron 13 as localidades beneficiarias deste plan de adecuación de medios en Galicia.