03 de nov de 2015

Miño pon en marcha o Portal de Transparencia

Xeral

Miño pon en marcha o Portal de Transparencia

 O Concello de Miño publicou o novo portal web de transparencia, co que se dá outro paso máis no obxectivo de facer chegar de forma sinxela e accesible á cidadanía toda a información de carácter público.


 MIÑO, 3  DE NOVEMBRO  DE 2015

Miño pon en marcha o Portal de Transparencia Municipal, unha nova ferramenta dispoñible a partir do pasado venres coa que garantir o dereito dos cidadáns para acceder á información que a administración pública ten o deber de facilitar, cumprindo a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.


O Portalsede.concellodemino.com/gl/portal_transparencia ofrece a información estruturada en tres apartados: Información institucional, organizativa e de planificación;  Información de relevancia xurídica e Información económica, orzamentaria e estatística. A través das subcategorías destes apartados móstranse os datos sobre a Corporación municipal, transparencia económica e financeira, as contratacións de servizos, urbanismo e obras públicas. O portal, nalgúns epígrafes, remítese a contidos da propia web municipal, como é o caso da Corporación municipal ou dos informes do período medio de pago global a provedores, entre outros.


O acceso á web pode ser a través da ligazón que aparece na propia páxina do Concello baixo o título de “Portal de transparencia” ou por medio do portal da Deputació.

Anterior Seguinte