22 de xan de 2016

Miño recibe o material para o servizo de préstamo de axudas técnicas

Xeral

Miño recibe o material para o servizo de préstamo de axudas técnicas


O xoves tivo lugar a entrega do equipamento técnico orientado a persoas con falta de autonomía física. Para este servizo, o municipio contou coa colaboración da entidade CaixaBank. En total dotouse ao Concello de 16 novos materiais.


Ricardo_Sanchez_y_Vanesa

Este pasado xoves, o Concello de Miño recibiu o  equipo destinado ao servizo de préstamo de axudas técnicas, proxecto que contou coa colaboración da Obra Social “La Caixa”. Unha entrega que non se quixeron perder nin o alcalde do municipio, Ricardo Sánchez Oroza, nin a directora da oficina de CaixaBank en Miño, Vanesa Portela.


Este servizo vai destinado a todas aquelas persoas que se atopan de maneira temporal ou permanente en situación de dependencia ou falta de autonomía física. O servizo que se presta na actualidade consiste na cesión a aquelas persoas que o solicitan de cadeiras de rodas, camas hospitalarias ou equipos desta índole. O préstamo é totalmente gratuíto, co compromiso da devolución do material cando a persoa non o necesite. O equipamento técnico co que se contaba  estaba demasiado obsoleto, e parte del en malas condicións, polo que o Concello optou por actualizar e ampliar o devandito servizo con material de maior calidade e máis variado.


A Fundación La Caixa Material-tecnicodoou ao Concello 2000 euros para esta causa e con esta achega ampliouse o servizo, dotándoo de 16 novos aparellos. Entre os materiais recibidos atópanse unha nova cama eléctrica, xa que as que se tiñan estaban deterioradas, dous xogos de varandas para as camas, dúas cadeiras manuais, posto que as que  se tiñan  non estaban en perfecto estado, tres andadores, catro asentos xiratorios para facilitar o aseo de persoas dependentes nas bañeiras e catro tallos para a ducha.


Todas aquelas persoas que necesiten este tipo de axuda deberán dirixirse aos Servizos Sociais, desde alí indicaráselles o procedemento que deben seguir para solicitalo.


O pasado mes de novembro Sánchez Oroza e a directora de CaixaBank, Vanesa Portela, asinaban unha colaboración dirixida a impulsar as diferentes actividades que se desenvolvan desde os Servizos Sociais do Concello. Esta mellora no servizo de préstamo de axudas técnicas convértese, polo tanto,  na primeira achega económica da Fundación.

Anterior Seguinte