Dende o Concello de Miño queremos manifestar a nosa consternación polos graves e luctuosos feitos ocurridos na cidade de Orlando e mostrar o noso apoio ás vítimas e ás súas familias.
Por iso, convocamos a toda a cidadanía para gardar un minuto de silencio como mostra de repulsa por estes feitos, mañá martes 14 de xuño ás 12:00 horas diante da casa do concello.