08 de sep de 2015

MIÑO SINALIZARÁ A RUTA DOS MUIÑOS

Xeral

O obxectivo principal desta inciativa e divulgar este percorrido entre os visitantes e aportar información sobre a súa riqueza etnográfica


O Concello de Miño sinalizará a coñecida como Ruta dos Muiños co obxectivo de facilitar o seu percorrido e divulgar o sua riqueza cultural e etnográfica entre os veciños e os visitantes do noso muncipio.


Esta iniciativa, que dinamizará o tursimo suporá un investimento de 31.622 euros para que o Concello solicitou un subvencion autonómica.


A actuación centrarase na colocación se sinais indicativas nos distintos accesos. Estas colocaranse nas distintas estradas polas que se pode chegar ao roteiro para así indicar correctamente o lugar polo que acceder, xa que trátase dus espazo de dificil localización para as persoas que non coñezan a zona.


Para acceder á ruta colocaranse indciadores segundo o tipo de vía de acceso o municipio na que se sitúen. Colocaranse sinais de dirección, distancia restante e dificultade en todo o percorrido, así como información básica de cada unha das infraestructuras. Esta interesante ruta discurre a orillas do río Lambre e do seu afluente, o río Medio, nun espazo natural protexido incluído na Rede Natura 2000. O percorrido comeza na praia da Alameda, na Ponte do Porco, e continúa en dirección a Vilarmaior, tras 5,5 quilómetros, atópase o inicio do sendeiro.


Información en praias


Así mesmo, na liña de mellorar a informaciónn turísitca, e co obcextivo principal de aportar información aos visitantes, colocaranse nos arenais do municipio sinais indicativas coas normas de uso das praias nas entradas existentes mediante pasarelas. Nestes letreiros faranse as indicacions necesarias para o correcto uso das instalacións coidando de non perxudicar o medioambiente danando as prantas e as dunas.

Anterior Seguinte