O Concello de Miño levará a cabo unha exaustiva campaña de eliminación da planta coñecida comunmente como plumacho e que supón unha grave ameaza para o ecosistema local ao estar catalogada como un planta invasora cunha gran capacidade colonizadora. Ao longo das próximas semanas Miño tratará e elminará mais de 2.750 exemplares. Estes traballos, que suporán un investimento de 55.403 euros, levaranse a cabo nunha extensión de 139.234 metros cadrados de solo municipal situado na urbanaición Costa Miño.
O obxectivo deste proxecto, que conta con financiamento da UE a través do programa Feader, é eliminar esta ameaza para o noso ecosistema nun ámbito de espazo natural ligado a unha área verde residencial. Esta área verde viuse especialmente afectada pro esta plaga debido aos numerosos movementos de terras e a proximidade á autostrada AP-9, a expansión e colonización da especie chegou a producir unha gran preocupación nos sectores ambientais, sociais e económicos do noso municipio. Os traballos forman parte dun plan extratéxico para a erradicación da especie no territorio municpal, xa que esta área funciona como foco de dispersión e invasión da herba da Pampa cara todo o ámbito limítrofe, e en especial presenta un perigo potencial cara os espazos naturais que existen na contorna. O ámbito de traballo coincide ademais co paso do Camiño Inglés a Santiago polo noso concello, o que repercutirá de forma postiva nos valores patrimoniais e culturais da zona.
Esta especie propágase a partir das miles de sementes que poden producir cada planta feminina, e que son dispersadas a longa distancia polo vento. Tamén se propaga de forma vexetativa a tarvés da fragmentación da cepa. Tendo en conta estas caracteristicas especias os traballo de eliminación que se levará a cabo contemplan tres métodos diferentes, a eliminación manual, para os exempalres novos onde non é aplicable o tratamento químico, a eliminación mecánica para plantas adultas que inclúe a incineración do material vexetal prestando especial atención a flor, e por último a aplicación dun herbicida especial que, en pequenas dosis, impide o rebrote de C. Selloana sen danar o medio.
Ademais da elminación da herba da pamapa do solo municipal o Concello estuda as diferentes formulas para facer efectiva a erradicación tamén das propiedades privadas. Posteriormente a estas tarefas o Concello porá en marcha unha segunda fase deste programa que prevé a a repoboación con especies autóctonas.