21 de sep de 2018

O Concello de Miño presenta un completo programa de actividades culturais e deportivas para este inverno

Xeral

Miño, 21 de setembro de 2018-. O Concello de Miño presenta un completo programa de actividades culturais e deportivas para este inverno. O obxectivo principal desta iniciativa é ofertar una ano máis unha ampla gama de posibilidades que teña en conta todas as sensibilidades. Dentro da oferta deseñada polo Concello programouse pra todas as idades. Deste xeito os eventos organízanse en diferentes seccións nas que se inclúe o apartado de obradoiros, onde os veciños e veciñas poderán inscribirse en iniciativas como encaixe de palillos, introdución a danza, teatro infantil, así como baile moderno ou latino entre outros.

Dentro da oferta deportiva destaca as clases de natación a escola de fútbol sala, pilates, patinaxe ou ximnasia rítmica. Para a biblioteca prográmase varias actividades onde se prestará especial atención ao fomento da lectura entre os máis pequenos con sesións de conta contos, a poesía como xénero literario, e de forma a particular a literatura galega.

No apartado de activades destinadas a terceira idade inclúese un taller de memoria, ximnasia saudable, e unha oferta de turismo cultural moi completa. De forma complementaria a estas actividades, no programa inclúese toda a información necesaria para participar na ampla oferta presentada polo tecido asociativo a través das asociacións locais e a AMPA. Podes consultar toda información a través do seguinte ligazón:

MIÑO Desplegable Inverno 18-19

Adxuntos

Anterior Seguinte