O pasado venres publicouse o listado de Obradoiros de Emprego concedidos para o ano 2017.
Recordámosvos que para participar, como membro do equipo directivo, docente e de apoio ou como alumno-traballador, debedes estar inscritos no Sevizo de Colocación, no primeiro caso coa demanda actualizada, e no caso de alumnos-traballadores no epígrafe 340.
Este ano no obradoiro impartirase a especialidade de "
Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais".
Requisitos:
Título de Graduado en Educación Obrigatoria (ESO), Proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grao Medio, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional, Proba de Acceso á Universidade (PAU) para maiores de 25 anos.
comparte este artigo, escolle a túa plataforma