29 de sep de 2020

OBRAS NA RÚA EXTREMEIRO

Obras, Infraestructuras e Contratación

Obras Infraestructuras Contratación

 

Durante o día de hoxe realízanse obras na rúa Extremeiro para evitar inundacións en momentos de pleamar e choivas intensas.

A actuación consiste na separación real de pluviais e fecais, xa que ata o momento a maioría dos imbornais vertían á rede de saneamento, e o aumento do caudal provocaba o desbordamento no final da rúa.

Agora os imbornais conectaranse á rede de pluviais e desaguarán directamente á marisma do Baxoi, mentres as fecais seguirán derivándose ao bombeo de Telle.

Anterior Seguinte