02 de xul de 2015

ONTE COMEZOU A FUNCIONAR O SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

Xeral

Así mesmo realizouse o izado das bandeiras azuis que acreditan a calidade e o servizos nos arenales da Ribeira, Grande e Perbes

Onte día 1 de xullo comezou a funcionar nas praias de Miño o servizo de salvamento e socorrismo. O dispositivo estará formado por un equipo multidisciplinar formado por un total de 12 persoas que levarán a cabo labores de socorrismo, primeiros auxilios e supervisión nos arenais da Riberia, Grande e Perbes así como na franxa do litoral a través de embarcacións neumáticas. Deste xeito, a entrada en funcionamento do Servizo de Salvamento e socorrismo nas praias do municipio adiántase unha semana en relación á anterior tempada.


Coincidindo co inicio da vixilancia nas praias esta mañá, levouse a cabo o izado dos distintivos da bandeira azul que acreditan a calidade destes arenais así como dos seus servizos. O alcalde, Ricardo Sánchez Oroza, foi o encargado e izar a bandeira na praia Grande. A Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE desde 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter a Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: Calidade das augas de baño, Información e educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, servizos e instalacións.

Anterior Seguinte