22 de out de 2015

Os orzamentos para a sinalización de Miño case duplicaban o valor de adxudicación dos actuais

Xeral

Os orzamentos para a sinalización de Miño case duplicaban o valor de adxudicación dos actuais


O alcalde aproba un importe inferior e inclúe melloras  no plan de accesibilidade e sinalización  

MIÑO, 22  DE OUTUBRO  DE 2015

O alcalde, Ricardo Sánchez Oroza solicitou dous novos informes orzamentarios, para o plan de mellora  de accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos de Miño, a diferentes empresas especializadas xa que  os custos  presentados inicialmente eran demasiado elevados.


O presuposto actual é de 19.127,68€ fronte ao de 32.457,22, que se tiña orzado, xa  que se suprimen partidas propias dun ornamento de obras, como os gastos xerais e beneficio industrial, minora outras como os gastos de instalación de paneis, e mellora os prezos dás demais. Os gastos de control de calidade, xestión de residuos e saúde inclúense, segundo o indicado pola propia empresa, nos gastos de instalación.


O abaratamento  do ornamento, exactamente de 13.329,54 € menos,  radica fundamentalmente na instalación dos paneis ou sinais, tanto nas praias como na senda, xa que non precisan de formigón como se planificara anteriormente, ademais da instalación, control de calidade, xestión de residuos e seguridade, mencionadas con anterioridad como gastos xerais. Por outra banda, engádense dúas mesas interpretativas, para complementar as actuacións solicitadas na praias da Ribeira e do Ponte do Porco, de cara a favorecer a accesibilidade dos maiores á descrición dos xogos biosaudables dos maiores. Ademais de retirar os paneis e sinais antigos que están obsoletos ou deteriorados


A través desta actuación procederase a incrementar a sinalización de accesos e información dos recursos turísticos de máxima importancia a un prezo moi inferior o que se aprobou no anterior goberno local.

Anterior Seguinte