24 de nov de 2023

PLANTACIÓN DE ESPECIES AUTÓCTONAS EN GALLAMONDE

Medio Ambiente, Zonas Verdes, Praias e Servizos

Medio Ambiente Zonas Verdes Praias Servizos

O pasado sábado realizouse unha plantación de árbores en Gallamonde, co fin de repoboar a zona con especies autóctonas. En total prantáronse unhas 140 árbores de cinco especies diferentes, grazas á axuda de 55 voluntarios da organización WWF. Entre os exemplares había faias, nogueiras, castiñeiros, carballos e bidueiros.
Desde o Concello agradecemos a iniciativa da empresa organizadora e o traballo e boa disposición do equipo de voluntariado de WWF.

 

Anterior Seguinte