22 de out de 2015

PRIMEIRA REUNIÓN NA XESTIÓN E CONTROL DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Xeral

PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COS AXENTES INVOLUCRADOS NA XESTIÓN E CONTROL DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO


A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, declarada como tal pola UNESCO no ano 2013, está conformada polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.


Entre as actuacións do Plan de Xestión da Reserva de Biosfera está a posta en marcha de proxectos ligados á conservación e mellora ambiental dos recursos naturais, así como o desenvolvemento de estratexias fronte ao cambio climático, ademais de traballar na sensibilización e educación ambiental.


Unha das liñas de acción da Reserva, é a reunión con axentes involucrados na xestión e control de especies invasoras, enmarcada dentro da Sensibilización, para o control de especies invasoras.


O día 20 de outubro tivo lugar no Concello de Abegondo a primeira reunión con axentes involucrados na xestión e control de especies invasoras. Así asistiron os Concelleiros e técnicos ambientais dos Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Culleredo, Miño e Sada, representantes de entidades ambientais como a Fundación Fragas do Mandeo e Grupo Naturalista Habitat, e o Xefe de Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de A Coruña, entre outros.


A apertura deste taller e presentación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, correu a cargo do seu Presidente, José Antonio Santiso Miramontes.


Os obxectivos desta reunión foron:

  • Animar e sensibilizar aos grupos ambientalistas, técnicos municipais, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Autopistas do Atlántico, Consultoras ambientais, e outros axentes implicados no control de especies exóticas invasoras sobre a importancia e o impacto que estas xeran sobre o medio ambiente e a biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

  • Propoñer liñas de acción coordinadas en diferentes ámbitos para o control da principal especies exótica invasora a Cortaderia Selloana.

Anterior Seguinte