Programa Nadal 2015
Queridos veciñ@s,
Diríxome a tod@s vós nestas datas tan especiais, co desexo de enviarvos unha mensaxe chea de felicidade e ilusión.
Esta época é un magnífico momento para repasar o ano que remata, mais tamén parar mirar cara ao futuro con optimismo e con gañas de loitar por conseguir un mundo onde haxa xustiza e paz para tod@s. Son datas para facer un balance do traballo realizado, e nós podemos dicir que nestes últimos meses traballamos duramente por mellorar os nosos servizos sociais e así estar, en primeiro lugar, a carón das persoas que máis o necesitan.
Agora que empeza un novo ano temos que acollelo con esperanza e forzas. Desde o Concello seguiremos traballando por facer de Miño un lugar mellor, procurando a maior calidade de vida posible para @s miñenses.
Permítome, en nome da Corporación municipal e de todas as persoas que desde o Concello nos esforzamos por mellorar o noso municipio, desexarvos unhas felices festas e que o ano 2016 nos traia xustiza, traballo, saúde e felicidade.
Ademais pretendemos divulgar por medio deste boletín a programación municipal para as festas do Nadal. Vivamos e gocemos intensamente destas datas preparadas para tod@s con grande ilusión.
Unha aperta para tod@s,
O alcalde