O Concello de Miño recibiu, a través dunha subvención do GALP Golfo Ártabro Norte, kaiaks e material náutico para iniciar un proxecto medioambiental en colaboración co Club Náutico de Miño para dar a coñecer as marismas do Lambre e o Baxoi entre os escolares do municipio.
Co asesoramento do grupo de investigación BioCost da UDC vaise facer un cartografiado das especies invasoras como Cortadeira selloana (herba da Pampa) e unha retirada do plástico das marismas.