O Concello de Miño traballa activamente para mellorar os resultados de recollida selectiva a nivel municipal e concienciar á poboación na importancia de reciclar e de facelo de xeito adecuado, depositando cada residuo no contedor correspondente.
A continuación móstranse os datos de recollida de lixo no concello de Miño ao longo de 2015, en comparativa co ano 2014.
Os datos de vidro non están actualizados aínda, en canto os teñamos dispoñibles engadiranse. Destacar que se está a realizar una campaña entre o Concello de Miño e Ecovidrio para mellorar este servizo.
FRACCIÓN RESTO: O destino dos residuos depositados neste contedor é SOGAMA, onde esta fracción é convertida en enerxía eléctrica. O concello paga por cada tonelada de residuo tratado, polo que a diminución desta cantidade de residuos aforraría importantes custos, ademais de importantes beneficios ambientais.
A calidade da segregación depende da participación da cidadanía, polo que agradecemos a colaboración tod@s @s miñenses nesta labor, e animamos a toda a cidadanía a continuar traballando para mellorar os resultados obtidos, resaltando a importancia de reciclar e de facelo de xeito adecuado, depositando cada residuo no contedor correspondente ou no punto limpo.
Para elo , propoñemos unha guía de reciclaxe con consellos que consideramos que poden ser de interese xeral e que axudan a resolver as dúbidas que xurden no proceso de reciclaxe. Para mais información, poden contactar coa área de medio ambiente do concello no teléfono 981778914 ou a través do correo electrónico medio.natural@mino.dicoruna.es
A
A
O medio ambiente, o contorno que nos rodea é moi importante porque grazas a el podemos vivir e respirar. Nas últimas décadas como hai máis coches, máis lixo producido porque hai moita máis poboación, e moitas industrias, o medio ambiente estase ensuciando. Hai que intentar entre todos seguir unhas medidas ou consellos para coidar o que nos rodea.
Reciclar é utilizar algo que xa non nos serve para crear outra cousa que si poderemos utilizar. É dicir, cando reciclamos ben o noso lixo, estamos a facer posible que eses residuos (restos, cousas vellas, lixo…) se poidan aproveitar para facer outros produtos.
Cando levamos os residuos aos colectores, debemos asegurarnos de que depositamos todos os envases no contedor correspondente. Se os mesturamos botamos a perder o esforzo de todos, porque cada vez que un residuo acaba no contedor equivocado, o proceso de reciclaxe interrómpese. Para reciclar na casa debes ter o caldeiro do lixo dividido para poder tirar na bolsa correcta os restos do que utilizas. Nesta guía explicámosche como podes separar os diferentes residuos de envases para reciclar e onde debes depositalos.
l
É para tirar envases de metal (latas), briks (paquetes de leite, zumes, batidos, etc.), envases de plástico de comida ou bebida, de produtos de limpeza, bolsas ou envoltorios de plástico e aluminio (de madalenas, galletas, etc.), xeles de baño, colonia, xampú, terrinas de manteiga e envases de iogur, bandexas de poliexpan, etc.
A
Lembra que no colector amarelo só envases de plástico, latas e briks. Non deposites: refugallos orgánicos, cueiros, envases de vidro, papel, envases de cartón, libros e diarios, restos de comida, xoguetes (aínda que sexan de plástico), caldeiros de plástico, guantes de goma, etc.
l
Non podes meter no colector azul: papel de aluminio, briks (envases de leite ou zumes), cueiros, panos de mesa e panos de papel sucio, cartón e papel manchados de graxa ou aceite, nin as caixas das pizzas. NON se debe deixar nada fóra do contedor
a
A
É para tirar vidro. Botellas, tarros, frascos de conservas ou colonias. Iso si, antes de tiralos quítalles o tapón, porque o tapón non é de vidro. Neste contedor NON DEBES TIRAR CRISTAL. De cristal son as lámpadas, espellos ou as fiestras. Os cristais débense levar a un punto limpo especial.
A
Pódense atopar contedores de varias cores, pero adoita poñer “lixo orgánico”. Este contedor é para o resto do lixo: restos de comida, papeis e cartóns sucios, utensilios rotos como unha tixola, cubertos, xoguetes rotos, cd´s, cintas de vídeo, lámpadas, cristais rotos..
A
l
Os puntos limpos son espazos que teñen os concellos, onde a veciñanza, de forma gratuíta, pode depositar os residuos que por ser voluminosos ou perigosos non se poden depositar dentro dos colectores das rúas.
Está situado en Gallamonde, xunto ao antigo vertedoiro e o novo campo de fútbol municipal. O acceso ao mesmo está sinalizado no bordo da estrada nacional 651, á altura do punto quilométrico 11.
l