En días pasados acabouse a nova senda peonil que discurrre entre a praia da Ribeira e Ponte do Porco.
Trátase dun camiño peonil, accesible e respectuoso co medio, que permite contemplar unhas fermosas vistas da ría e a observación das moitas especies de aves que o poboan.
Na cartelería, ademais de indicar o percorrido e a situación dos miradoiros, pódense coñecer a flora e fauna que se pode atopar, e escaneando o código QR ademais pódese ver un vídeo da senda e os seus valores naturais.
Convidamos a todos a camiñar por el, respectar as normas e gozalo.