Esta mañá o alcalde xunto con outros concelleiros visitou as obras de construcción dunha senda peonil de máis de 300 m. coincidindo co traxecto do Camiño Inglés en Outeiro e Viadeiro (Castro).
A obra está cofinanciada pola Consellería de Cultura e Turismo, a través dunha subvención aberta para concellos situados no Camiño Inglés e o Concello de Miño. Limitará a zona peonil, canaliza as augas de pluviais e coloca un borde de seguridade para os viandantes e servirá para que os veciños poidan pasear con seguridade entre ambos núcleos, e comunicar o local Social co núcleo de Viadeiro.