06 de nov de 2024

SOLIDARIEDADE CON VALENCIA

Servizos Sociais e Benestar

Servizos Sociais Benestar

A recollida de doazóns destinadas a paliar os efectos da DANA en Valencia superou todas as expectativas. En tan só tres días recolléronse 4.000 litros de auga, 2.500 de leite, 3.500 kg de alimentos non perecedoiros, 4 palés de cueiros e papel hixiénico, 700 litros de lixivia, 900 kg de produtos de hixiene persoal e catro caixas de comida para animais.

O concello quere agradecer a enorme solidariedade e xenerosidade das veciñas e veciños que doaron, dos establecementos que colaboraron e tamén a das persoas voluntarias e traballadores municipais que permitiron este resultado, demostrando unha vez máis a calidade humana do pobo miñense.

Todo este material chegará a Valencia en canto sexa posible polas posibilidades loxísticas no punto de destino  con todo o afecto e ánimo de Miño para todas as persoas afectadas por esta traxedia.

Anterior