Servizos Sociais

Servizos Sociais e Benestar

Correspóndelle a esta área a xestión de programas dos servizos sociais municipais, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, atención á terceira idade, axuda no fogar, familia, voluntariado e seguimento da escola infantil municipal.

Programas

Programa municipal de alimentos

O que se pretende con este programa é apoiar a todas as familias empadroadas no Concello de Miño e que non posúan recursos económicos suficientes para cubrir unha necesidade tan básica como a alimentación; a súa finalidade é dar cobertura a unha serie de situacións de precariedade económica na que se atopan ou poidan atoparse algunhas familias do municipio coa entrega dun lote mensual de produtos de carácter básico.

Xantar na casa

Vivendas baleiras

Programa do servicio de axuda no fogar (SAF)

Programa de teleasistencia domiciliaria

Programa de memoria para adultos

O Obradoiro Cultural Municipal de Memoria está enmarcado no programa de Envellecemento Activo, co que se pretende abordar as necesidades específicas do colectivo de poboación maior de 55 anos e desenvolver accións de prevención do deterioro tanto físico como mental e a finalidade de contribuír á mellora da saúde e a calidade de vida en xeral, evitando á súa vez a situación de soidade que se está a vivir.

Co propósito de dar cobertura á poboación maior en materia de prevención de demencias ou problemas de memoria, dende o ano 1996 se desenvolven estas clases en varias parroquias do Concello de Miño, como exemplo de que a administración local, por ser a administración máis próxima á cidadanía, debe actuar como ferramenta dinamizadora do benestar dos seus habitantes. Estes Obradoiros Culturais Municipais de Memoria estanse levando a cabo nas parroquias que o demandan.

Realízase a través de actividades prácticas e ten por finalidade fortalecer e rehabilitar a memoria, a atención, a orientación, o razonamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral.

Ten como obxectivos os seguintes:

  • Estimular as funcións mentais superiores
  • Manter activos/as ás/aos usuarios/as a nivel cognitivo, social, sensorial, motriz e funcional
  • Evitar situacións de aillamento e pasividade
  • Mellorar o estado de ánimo
  • Retrasar o deterioro cognitivo
  • Fomentar as relacións sociais
  • Mellorar a autoestima
  • Mellorar a calidade de vida dos usuarios

Servicio de podoloxía

O Servizo de Podoloxía é un programa complementario de axuda no fogar.

Dada que a atención domiciliaria no noso concello atende nun 95% a persoas maiores e entendendo que este tipo de atención debe ter un carácter integral a nivel preventivo, é importante que se preste un servizo de podoloxía, que atenda ás patoloxías máis frecuentes e específicas que padecen as persoas de avanzada idade. Ademais, se temos en conta a implantación do sistema de atención á dependencia, o servizo de podoloxía completa así mesmo, a atención integral ás persoas dependentes recoñecidas.

O aumento ao longo destes anos da concienciación que están a tomar os cidadáns encol da repercusión que ten na saúde a importancia do coidado dos pés, que se reflite no aumento progresivo da asistencia á consulta podolóxica, tanto por parte do sexo masculino como do sexo feminino.

Devandito servizo aténdese de martes a venres, no local social da Rúa, en horario de mañá, ou de tarde con cita previa.

A podóloga acode tamén aos domicilios dos usuarios cando estes non poidan trasladarse á consulta.

Centro de día

Escola infantil municipal

Novas da área
Contacto

Pode poñerse en contacto a través do correo electrónico ou ben recheando o seguinte formulario.

Código de verificación
Enviar

O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Miño. A finalidade do tratamento é a atención da súa solicitude e manterlle informado das nosas actividades. Pode darse de baixa en calquera rmomento. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, revogación do consentimento e portabilidad se corresponde presencialmente no Concello, na nosa sede electrónica sede electrónica ou en dpd@concellodemino.gal. Para máis información, consulte nosa política de privacidade